lunes, 10 de junio de 2019

MACHISMO NA MÚSICA



Esta canción é unha das moiitas canción machistas. Por que trata a muller como un xoguete que pode manexar como el queira , tamén trata a muller como un cacho de carne. Pensa que el é o esencial para as mulleres , para que  elas sexan felices, está chamando a todas as mulleres desesperadas e que están mui locas. Esta dando un mal exemplo para os seus seguidores.

jueves, 6 de junio de 2019

CAMPAÑA PUBLICITARIA DE CERVEXAS

Este anuncio paréceme totalmemte fóra de lugar , porque non creo que sexa necesario utilizar a unha muller como obxecto para vender un produto que din que é "de homes". Neste anuncio visibilízase a imaxe da muller para vender unhas cantas cervexas , porque se supón  que se no anuncio "para homes" aparecen unhas mulleres o anuncio será máis vistoso e todo o público masculino mercará ese produto. Pero non creo que fose necesario poñer a cara visible dunha muller bonita, para vender un produto , paréceme totalmente excesivo , porque non creo que sexa preciso utilizar unha muller para iso.

Claro que sí, guapi.

NENOS "CAMPIÓNS" E NENAS "COCIÑEIRAS"



Xa dende moi pequenos aos nenos se lles mete na cabeza que deben ser fortes e uns campións, mentres que ás nenas se lles di que deben ser unhas princesas e que deben cociñar. Aínda hoxe en día se seguen vendo anuncios como o que puxen aquí arriba. A min este anuncio pareceume moi machista porque aínda hoxe seguen educando os nenos como os que traballan fóra da casa e as nenas as que se deben quedar coidando da familia e facendo as tarefas do fogar. Eu penso que isto debería cambiar e que as familias terían que educar os seus fillos e fillas na igualdade para que o día de mañá se erradique o machismo e mulleres e homes teñan os mesmos dereitos.

POR QUE OS HOMES NON FAN AS TAREFAS DO FOGAR ?

Dende moi pequenas as mulleres ensinóusenos que o correcto sería que nos fixesemos as tarefas do fogar , coidáramos da nosa parella ,dos fillos ... Por esa razón os homes viviron tranquilos sen preocupación ningunha polas tarefas do fogar, mentras era cativo tiña a súa nai e a súa irma que lle lavaban a roupa, lle poñían o prato e llo quitaban, organizábanlle a súa propia habitación... todo isto fixo que os homes non se preocupen por ter un fogar ordeado ,limpo, organizado, son cousas as que non lle prestan atención porque nunca o tiveron que facer .Mentras que a mulller xa sae do traballo e está pensando no que vai facer de comer para a súa familia, en que ten que limpar a casa... pensan constantemente no coidado dos fillos, nas tarefas do fogar... porque nós educaron así.
Porén os homes non se preocupan de nada que teña que ver coas tarefas do fogar.
Por esa simple razón a educación que nos inculcaron dende pequenos ... parece que non van cambiar as cousas. 

Imagen relacionada

ACTRIZ OU INVENTORA ¿QUE É MÁIS IMPORTANTE?

2. Hedy Lamar: unha muller que marcou a diferenza, debido a que foi actriz e inventora, dúas profesións totalmente opostas. 
Foi a primeira muller en saír espida nunha película, en 1933 na película "Éxtasis". Por outra parte era enxeñeira e conseguiu grandes avances nas telecomunicacións, xa que fixo unha gran aportación ao desenvolvemento do WiFi e dos GPS.
Como non, é máis fácil recordala polo seu paso na gran pantalla, porque foi máis apreciada pola película ao saír sen roupa que por axudar ao desarrollo das telecomunicacións. A parte que influíu no desenvolvemento dun sistema novidoso como o GPS e foi unha muller destacada noutras facetas. Pero a sociedade valora máis saír nalgún sitio espida que facer descubrimentos na tecnoloxía.


lunes, 3 de junio de 2019

El largo de mi falda NO te dice que sí




Esta campaña publicitaria está feita polos alumnos de 4º da ESO dun instituto andaluz, co motivo do Día Internacional contra a Violencia da Muller. Preténdese dar a coñecer á poboación esta grave problemática que sufren miles de mulleres o ano en todo o mundo. O que quere dicir no vídeo é que toman como un obxecto á muller segundo vaia vestida: se leva unha minisaia, "vai provocando"; se vai cunha camiseta curta, "vai ensinando todo"; como estes exemplos e moitos máis, elas séntense ofendidas. Na miña opinión, anímovos a sermos unha máis destas mulleres, xuntas podemos acabar co machismo ou polo menos cunha parte del.






MACHISMO NO BALÓN DE OURO.





Todo ía perfecto na “Gala del Balón de Oro”. Tras recibir o premio Luka Modrić, era o turno de galardoar a Ada Hegerberg. A noruega ía recibir o primeiro balón de ouro feminino, un gran avance para o fútbol feminino, porén aquel momento tan soñado para a futbolista iase ver truncado cando o DJ da gala lle preguntou se bailaba "twerking". Todo os invitados se quedaron atontados e sobre todo a propia Ada, quen respondeu cun tímido non.
Este comentario é lamentable xa que destrozou un momento tan especial, non só para Hegerberg, senón para todas ás futbolistas e mulleres do mundo xa que nunca unha muller recibira este premio.
Non obstante hai que dicir que este momento ten que ser recordado polo premio, e non polo comentario, debido a que o fútbol feminino se está a potenciar nos últimos anos. E se ten que ser recordado por un comentario que sexa polo da propia Ada Hegerberg :" A todas las niñas del mundo, creed en vosotros".