martes, 18 de junio de 2019

A DESIGUALDADE NOS TRABALLOS DOMÉSTICOS EN ESPAÑA, ANALIZADA POR ALUMNOS DE PRIMEIRO DA ESO.


España ten niveis de desigualdade de xénero no traballo doméstico moi superiores á media europea.
En 2003 a colaboración  dos homes nos traballos domésticos era moito menor cás das mulleres e no 2010 subiu un 32% a colaboración dos homes e as das mulleres baixou un 7%.






Compaxinar o traballo fóra co traballo doméstico.
¿Participan os homes igual que as mulleres no traballo doméstico?







 CONCLUSIÓNS:
“Home empregado, muller desempregada” ⇒     Traballa máis a muller.

“Home desempregado, muller desempregada”   Traballa máis a muller

“Home empregado, muller empregada”         Traballa máis a muller

“Home desempregado, muller empregada”   ⇒   Traballa máis a muller.


Conclusións:
Os traballos domésticos non só son para as mulleres, os homes tamén teñen que participar nas tarefas.
Na maioría de fogares españois as mulleres traballan  "domesticamente” máis que os homes.
Tamén hai fogares nos que se reparten as tarefas a partes iguais. Por desgraza son poucos.
O que deberiamos facer é cambiar isto dende as familias.


Alumnado de 1º da ESO DO "CPI DE CERVANTES"

lunes, 10 de junio de 2019

ASTRÓNOMA DO SÉCULO IV


Esta muller foi unha das grandes neste planeta. Tivo que loitar moito e seguir adiante xa que os homes naquela época  pensaban que era unha incompetente. Intentadeo e sorte!

  • Naceu no século IV d.C.
  • Estivo toda a súa vida en Alejandría (tamén é a segunda parte de seu nome)
  • Foi unha filósofa e maestra neoplatónica grega.
  • Destacou nos campos das matemáticas, filosofía e música. 
  • Tamén foi escritora e inventora na súa intimidade. 
  • Foi a primeira muller astrónoma naquela idade.



ROMPENDO OS ROLES

3. Simeone Beauvoir: foi unha filósofa e escritora francesa que trouxo ao siglo XX unha auténtica revolución de xénero coas súas obras, xa que en todas se notaba o seu pensamento feminista.
Tivo unha relación amorosa con Jean-Paul Sartre, que se saía dos roles daquela época. Deron moito exemplo a moitas relacións, por que neses anos dicíase que si te casabas, era a muller a que se encargaba do traballo na casa e o home o que traía o diñeiro a casa, ben, pois eles sempre se quixeron moito máis non vivían xuntos, nin tampouco se casaron, debido a que consideraban o matrimonio unha cárcel para eles e tiveron relacións con outras persoas mentres estaban xuntos. Foron un exemplo a seguir por moitas persoas que seguramente non estaban de acordo cos pensamentos daquela etapa.

MACHISMO NA MÚSICA



Esta canción é unha das moiitas canción machistas. Por que trata a muller como un xoguete que pode manexar como el queira , tamén trata a muller como un cacho de carne. Pensa que el é o esencial para as mulleres , para que  elas sexan felices, está chamando a todas as mulleres desesperadas e que están mui locas. Esta dando un mal exemplo para os seus seguidores.

jueves, 6 de junio de 2019

CAMPAÑA PUBLICITARIA DE CERVEXAS

Este anuncio paréceme totalmemte fóra de lugar , porque non creo que sexa necesario utilizar a unha muller como obxecto para vender un produto que din que é "de homes". Neste anuncio visibilízase a imaxe da muller para vender unhas cantas cervexas , porque se supón  que se no anuncio "para homes" aparecen unhas mulleres o anuncio será máis vistoso e todo o público masculino mercará ese produto. Pero non creo que fose necesario poñer a cara visible dunha muller bonita, para vender un produto , paréceme totalmente excesivo , porque non creo que sexa preciso utilizar unha muller para iso.

Claro que sí, guapi.

NENOS "CAMPIÓNS" E NENAS "COCIÑEIRAS"



Xa dende moi pequenos aos nenos se lles mete na cabeza que deben ser fortes e uns campións, mentres que ás nenas se lles di que deben ser unhas princesas e que deben cociñar. Aínda hoxe en día se seguen vendo anuncios como o que puxen aquí arriba. A min este anuncio pareceume moi machista porque aínda hoxe seguen educando os nenos como os que traballan fóra da casa e as nenas as que se deben quedar coidando da familia e facendo as tarefas do fogar. Eu penso que isto debería cambiar e que as familias terían que educar os seus fillos e fillas na igualdade para que o día de mañá se erradique o machismo e mulleres e homes teñan os mesmos dereitos.

POR QUE OS HOMES NON FAN AS TAREFAS DO FOGAR ?

Dende moi pequenas as mulleres ensinóusenos que o correcto sería que nos fixesemos as tarefas do fogar , coidáramos da nosa parella ,dos fillos ... Por esa razón os homes viviron tranquilos sen preocupación ningunha polas tarefas do fogar, mentras era cativo tiña a súa nai e a súa irma que lle lavaban a roupa, lle poñían o prato e llo quitaban, organizábanlle a súa propia habitación... todo isto fixo que os homes non se preocupen por ter un fogar ordeado ,limpo, organizado, son cousas as que non lle prestan atención porque nunca o tiveron que facer .Mentras que a mulller xa sae do traballo e está pensando no que vai facer de comer para a súa familia, en que ten que limpar a casa... pensan constantemente no coidado dos fillos, nas tarefas do fogar... porque nós educaron así.
Porén os homes non se preocupan de nada que teña que ver coas tarefas do fogar.
Por esa simple razón a educación que nos inculcaron dende pequenos ... parece que non van cambiar as cousas. 

Imagen relacionada

ACTRIZ OU INVENTORA ¿QUE É MÁIS IMPORTANTE?

2. Hedy Lamar: unha muller que marcou a diferenza, debido a que foi actriz e inventora, dúas profesións totalmente opostas. 
Foi a primeira muller en saír espida nunha película, en 1933 na película "Éxtasis". Por outra parte era enxeñeira e conseguiu grandes avances nas telecomunicacións, xa que fixo unha gran aportación ao desenvolvemento do WiFi e dos GPS.
Como non, é máis fácil recordala polo seu paso na gran pantalla, porque foi máis apreciada pola película ao saír sen roupa que por axudar ao desarrollo das telecomunicacións. A parte que influíu no desenvolvemento dun sistema novidoso como o GPS e foi unha muller destacada noutras facetas. Pero a sociedade valora máis saír nalgún sitio espida que facer descubrimentos na tecnoloxía.


lunes, 3 de junio de 2019

El largo de mi falda NO te dice que sí




Esta campaña publicitaria está feita polos alumnos de 4º da ESO dun instituto andaluz, co motivo do Día Internacional contra a Violencia da Muller. Preténdese dar a coñecer á poboación esta grave problemática que sufren miles de mulleres o ano en todo o mundo. O que quere dicir no vídeo é que toman como un obxecto á muller segundo vaia vestida: se leva unha minisaia, "vai provocando"; se vai cunha camiseta curta, "vai ensinando todo"; como estes exemplos e moitos máis, elas séntense ofendidas. Na miña opinión, anímovos a sermos unha máis destas mulleres, xuntas podemos acabar co machismo ou polo menos cunha parte del.






MACHISMO NO BALÓN DE OURO.





Todo ía perfecto na “Gala del Balón de Oro”. Tras recibir o premio Luka Modrić, era o turno de galardoar a Ada Hegerberg. A noruega ía recibir o primeiro balón de ouro feminino, un gran avance para o fútbol feminino, porén aquel momento tan soñado para a futbolista iase ver truncado cando o DJ da gala lle preguntou se bailaba "twerking". Todo os invitados se quedaron atontados e sobre todo a propia Ada, quen respondeu cun tímido non.
Este comentario é lamentable xa que destrozou un momento tan especial, non só para Hegerberg, senón para todas ás futbolistas e mulleres do mundo xa que nunca unha muller recibira este premio.
Non obstante hai que dicir que este momento ten que ser recordado polo premio, e non polo comentario, debido a que o fútbol feminino se está a potenciar nos últimos anos. E se ten que ser recordado por un comentario que sexa polo da propia Ada Hegerberg :" A todas las niñas del mundo, creed en vosotros".





AMANTE DA NATUREZA

Anímovos a que intentedes adiviñar de quen estou a falar nestas pistas, intentade poñer o nome nos comentarios:
  • Naceu o 18 de febreiro de 1974. 
  • Ten 44 anos. 
  • É unha activista ambiental estadounidense defensora da resistencia fiscal. 
  • É coñecida por vivir nunha secuoia (de 1500 anos e 55 m de alto),en California, durante 738 días. 
  • Viviu nesa árbore, chamada cariñosamente “Lúa“, para impedir que a Pacific Cía de madeira non a derribara. 
  • É a autora do libro “O legado da Lúa” onde conta a súa experiencia.



Imagen relacionada

PREMIO NOVEL


GUSTARÍAME QUE PARTICIPASES   PARA ADIVIÑAR QUEN É ESTA MULLER RELEVANTE. ATREVEDEVOS A POÑELO NOS COMENTARIOS.

    Resultado da imaxe do debuxo do tubo de ensaio
  1. Naceu o 7 de novembro. 
  2. Química e física, de orixe polaca. 
  3. Pioneiro no campo da radioactividade. 
  4. Xunto co seu marido , descubriu os elementos químicos de Radio e Polonio.
  5. Foi a primeira muller en recibir un Premio Nobel, e recibir dous Premios Nobel en dous campos da ciencia, a primeira muller da Academia Francesa de Medicina e primeira profesora da Universidade da Sorbona , Francia 
  6. Ten dúas fillas
  7. Primeiro Premio Nobel cunha filla Nobel. En 1935 a súa filla Irene obtivo o premio en Química. 
  8. A famosa científico morreu o 4 de xullo de 1934.
Imaxe resultado de marie curie

DEIXANDO PEGADA NA POLÍTICA

1.Clara Campoamor: esta muller naceu en 1880. Para a súa época chegou moi lonxe, debido a que se licenciou en dereito, exerceu de avogada no Colexio de Avogados de Madrid e ademais chegou ao Parlamento cando se proclamou a segunda República, xa que naquela época, ano 1931, as mulleres podían exercer a política pero non podían votar. O cal é unha ridiculez que non tiña moito sentido, se podías exercer de política porque non podías votar?
Clara Campoamor foi unha loitadora, xa que conseguir que as mulleres votaran naquela época non lle resultou fácil, porque se cría que as mulleres estaban moi influenciadas pola Igrexa e que se votaban darían a victoria a dereita. Iso é algo que non tiña moito sentido, xa que, aínda influenciada pola Igrexa ou non, podían ter un criterio totalmente distinto. Pero naquela época pensaban que as mulleres todas eran iguais co cal pensaban sempre o mesmo. A día de hoxe grazas a ela as mulleres podemos votar.



O COLOR ROSA DE NENAS E O AZUL DE NENOS

Imagen relacionada


Dende a infancia sempre se nos atribuíu ás mulleres a cor rosa , porque xeralmente esa cor é  relaxante porque inflúe  nos sentimentos , invitándoos a ser amables , suaves, profundos...
Se ti buscas con que se asocia a cor rosa aparecerache a inocencia, o amor, o encanto, a delicadeza, a entrega e a xenerosidade. Deixando as mulleres cun papel de débiles, indefensas que necesitan dun home para protexelas , deixándonos ante a sociedade inferiores aos homes por unha simple cor á que non se lle debería de dar tanta importancia. Sen embargo como non , aos homes asóciaselles a cor azul , porque supostamente é importante na historia da Terra, transmite valentía ...


AS CORES NON TEÑEN XÉNERO !!!

VISITANDO O FIRMAMENTO

Gustaríame que participarais para adiviñar quen é esta muller relevante. Atrevedevos a poñelo nos comentarios.
  1. Naceu na Unión Soviética en 1937. 
  2. Deu 48 voltas ao mundo en 71 horas.
  3. Foi a primeira muller en chegar ao espacio coa nave Vostok-6.
  4. Ela foi a autora desta frase "Na terra homes e mulleres corren o mesmo perigo. ¿Por qué non ía ser igual no espazo?"
  5. Dedicouse a astronomía, a política e a inxienería.
  6. Gústalle moito o paracaidismo. 
  7. Ainda non finou.

viernes, 24 de mayo de 2019

QUE É O MACHISMO?

O machismo é un tipo de violencia que discrimina ás mulleres ou incluso aos homes homosexuais. Tamén se pode falar de machismo contra os chamados metrosexuais ou calquera home cuxo comportamento exhibe algunha característica que a miúdo está asociada coa feminidade. Ao longo da historia, o machismo reflectíase en varios aspectos da vida social, ás veces dun xeito directo e, noutros momentos, dunha forma sutil. Durante moitos anos negouse o dereito ao voto das mulleres, por exemplo.

Resultado de imaxes para machismoA submisión da muller ao seu marido aínda se ve normalmente como un valor positivo. Hai quen sostén que unha muller alcanza a súa plenitude cando se casa e convértese en ama de casa que tenden ao seu marido e aos seus fillos. Outro reflexo do machismo establecido na sociedade aparece en frases como "María é a esposa de Facundo", xa que a oración inversa non é habitual ("Facundo é o home de María"). A muller aínda se ve como unha propiedade do home. A publicidade sexista (con mulleres con roupa escasa para fomentar a venda de produtos) son outro exemplo de machismo.
Resultado de imaxes para machismo

5 CONCEPTOS MACHISTAS DA VIDA COTIDIANA



  • O comentario sexualmente ofensivo Unha das mensaxes enviadas por Meghan indica que un home máis vello sinalou que "se eu fosen corenta anos máis novo, estaría enriba de ti". É certamente o tipo de actitude máis frecuente e máis desagradable, a da proposición sexual feita sen ningún tipo de gusto ou tacto, e menos aínda con posibilidades para levala a cabo. Na maioría dos casos, estes comentarios suxiren que as mulleres son pouco máis que un obxecto para quen os pronuncia.
  • Referencias ao corpo do mencionado. No artigo publicado esta semana en The Telegraph, destacouse unha das mensaxes enviadas por alguén cuxo colega chamou os seus "grandes peitos". O traballador detívose cando comezou a chamarlle "dick curto", o que demostra que na maioría dos casos o retorno do golpe é a mellor opción.
  • Hai cousas que as mulleres non poden facer. Un "S" conta como marcoulle que o seu pai nunca lle permitiu xogar ao baloncesto ou ao fútbol, ​​xa que eran "deportes de nenos". Moitos comentarios que aparecen nesta páxina fan referencia á aínda consolidada idea de que hai certas cousas que unha muller non pode facer desde que "pode ​​machucar".
  • A muller na cociña. Dentro desta última categoría de comentarios que distinguen entre o que unha muller debe facer e o que non, hai aqueles que encasillan o sexo feminino no seu papel habitual de ama de casa, nai e muller, e que abundan moito máis do que Queremos pensar na nosa sociedade, ao parecer igualitaria. Un dos testemuños indicou que un estudante duns doce anos recoñecera en clase que era máis "económico" que as mulleres permanecesen coidando da casa.

FÚTBOL DESIGUAL

Alex Morgan

Alex Morgan
  • Futbolista Orlando Pride
  • Nacido en1989 Estados Unidos
    Resultado de imaxes para messi VS LIVERPOOL 19 IMAGENES
  • Annual384.153,00 €
  • Mensual32.012,75 €
  • Semanal7.387,56 €
  • Diario1.477,51 €

  •                                   Mesii

  • Las cifras son de vértigo y todo apunta a que Leo Messi ingresará un total de 70millones de euros brutos al año, que quedarán en 35 netos. Para llegar a ese montante, La Pulga recibirá 20 millones de euros brutos al año gracias a la prima de renovación a los que hay que sumar su sueldo anual que ascenderá a los 50 millones brutos.
  •         
  •                                      DATOS

Un 49% de las futbolistas no cobra por jugar y un 87% finalizará su carrera deportiva antes de cumplir 25 años por la poca o nula remuneración económica que perciben, según un estudio del sindicato internacional de futbolistas (FIFPro). La Asociación de Futbolistas Españoles (AFE) se hizo eco del documento, elaborado en colaboración con la Universidad de Manchester y con la participación de cerca de 3.300 jugadoras de elite de 33 países, entre ellos Inglaterra, Francia, Alemania, Suecia y Estados Unidos.Los datos del mismo reflejan que de las que sí cobran, un 1% ingresa 6.489 euros al mes o más; que un 9% percibe entre esta cantidad y 1.620 euros; que un 30% obtiene mensualmente entre la última cifra y 485 euros mensuales; y un 60% tiene unos ingresos mensuales procedentes del fútbol entre un euro y 485.


m





CANCIÓNS CONTRA O MACHISMO





Este vídeo pretende criticar o machismo e intentar radicalo, poñendo distintos vídeos de películas ou anuncios as cales teñen un  contido  moi machista.


martes, 21 de mayo de 2019

CANCIÓNS MACHISTAS




Neste vídeo podemos ver a dúas nenas cantando inocentemente unha canción que seguramente todos algunha vez na vida a cantamos, sin darnos conta do machista que é e do que realmente transmite.

Eu, persoalmente canteina moitas veces e nunca me parei a pensar no que transmitía a letra da canción, pero agora que me parei a observala dinme conta de que claramente a imaxe que transmite é moi machista e que desgraciadamente na actualidade está pasando.

Penso que é por estas cousas polas cales debemos empezar, xa que, aínda que nas cancións non sexa notable, haino e  pode traer consecuencias graves e influir nos pensamentos da xente.

IGUALDADE EN CREPÚSCULO?




Esta película ten rasgos machistas pois sempre deixa a rapaza como unha persoa indefensa e con pouca iniciativa para facer actividades.
Todo o que fan decideo o home e ela ségueo a donde el queira ir, acepta todo o que el lle pide, incluso deixa de lado a súa familia para supostamente "estar a salvo das malas influencias dos seres humanos", non pode relacionarse con ninguén que non sexa Eduard, o vampiro e mozo de Bella, ou a súa familia.
Esta película tivo e ten un gran éxito entre os adolescentes, mais o que se pretende difundir sobre a rapaza non é a idea que intentamos inculcar na mocidade sobre a muller de hoxe en día.

VENDO A OBRA DE TEATRO "GOLPES"



No noso colexio vimos a obra de de teatro "Golpes", na cal vimos a dureza do maltrato, e como pode alterar os comportamentos das persoas.

Anuncio Desodorante Axe





Este anuncio de AXE descríbenos un producto, o cal  da igual a persoa ou animal que estea en contacto con el fai que as persoas  se sentan atraídas .

Creo que se pode anunciar unha colonia sen atacar ningún  xénero.  As persoas non somos bonecos para que nos poidan manipular o seu antoxo!


miércoles, 20 de marzo de 2019

DISCUTINDO OS VÍDEOS


Despois de velos vídeos, pensa nas seguintes cuestións:
- Pensas que os estereotipos afectan da mesma maneira a uns e a outras?

- Que farías para contrarrestar os estereotipos que nos sinalan os vídeos?

- Poderías sinalar algún outro estereotipo sexista que poda afectar a un neno ou a unha nena?Como o resolverías dende o teu ámbito persoal, familiar ou laboral?