Xa dende moi pequenos aos nenos se lles mete na cabeza que deben ser fortes e uns campións, mentres que ás nenas se lles di que deben ser unhas princesas e que deben cociñar. Aínda hoxe en día se seguen vendo anuncios como o que puxen aquí arriba. A min este anuncio pareceume moi machista porque aínda hoxe seguen educando os nenos como os que traballan fóra da casa e as nenas as que se deben quedar coidando da familia e facendo as tarefas do fogar. Eu penso que isto debería cambiar e que as familias terían que educar os seus fillos e fillas na igualdade para que o día de mañá se erradique o machismo e mulleres e homes teñan os mesmos dereitos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario