lunes, 3 de junio de 2019

DEIXANDO PEGADA NA POLÍTICA

1.Clara Campoamor: esta muller naceu en 1880. Para a súa época chegou moi lonxe, debido a que se licenciou en dereito, exerceu de avogada no Colexio de Avogados de Madrid e ademais chegou ao Parlamento cando se proclamou a segunda República, xa que naquela época, ano 1931, as mulleres podían exercer a política pero non podían votar. O cal é unha ridiculez que non tiña moito sentido, se podías exercer de política porque non podías votar?
Clara Campoamor foi unha loitadora, xa que conseguir que as mulleres votaran naquela época non lle resultou fácil, porque se cría que as mulleres estaban moi influenciadas pola Igrexa e que se votaban darían a victoria a dereita. Iso é algo que non tiña moito sentido, xa que, aínda influenciada pola Igrexa ou non, podían ter un criterio totalmente distinto. Pero naquela época pensaban que as mulleres todas eran iguais co cal pensaban sempre o mesmo. A día de hoxe grazas a ela as mulleres podemos votar.



No hay comentarios:

Publicar un comentario